Tras falar do que cada un sentía, pensaba e sabía fixeron un exercicio de empatización. Cambiaron zapatos cos compañeiros e compañeiras , de xeito que cada neno ou nena levaba zapatos diferentes en cada pe. Un levaba un grande e un pequeño, ou un no pe contrario... co fin de comprender o que se sinte " o pórse nos zapatos doutro"
Tras unha gran parte da mañá a sufrir incomodidades, tocou sesión de posta en común.
Que sentín, que aprendín... e falamos das nosas mulleres importantes, nais, avoas, mestras, amigas...e da importancia de dar a grazas, querer e sentirse queridos e queridas.
Aquí deixamos enlace da canción
DÉJALA QUE BAILE
E as fotos da xornada.
Grazas, Manuel Ángel, por facernos pensar.










