mércores, 21 de novembro de 2018

"Día da non violencia contra a muller" na escola

O mestre Manuel Ángel, deu unha clase diferente hoxe.   Comezou coa canción "DÉJALA QUE BAILE" de Melendi e Alejandro Sanz, canción coa que fixo pensar aos nenos nas dificultades que, en ocasións, teñen as mulleres.
Tras falar do que cada un sentía, pensaba e sabía fixeron un exercicio de empatización. Cambiaron zapatos cos compañeiros e compañeiras , de xeito que cada neno ou nena levaba zapatos diferentes en cada pe. Un levaba un grande e un pequeño, ou un no pe contrario... co fin de comprender o que se sinte " o pórse nos zapatos doutro"
Tras unha gran parte da mañá a sufrir incomodidades, tocou sesión de posta en común.
Que sentín, que aprendín... e falamos das nosas mulleres importantes, nais, avoas, mestras, amigas...e da importancia de dar a grazas, querer e sentirse queridos e queridas.
Aquí deixamos enlace da canción
DÉJALA QUE BAILE
E as fotos da xornada.











Grazas, Manuel Ángel, por facernos pensar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Repaso 1º Trimestre 2º primaria

Estas tarefas son para 2º de primaria. Clicar para acceder a elas. pdf 2º primaria