Vero, explicounos moi ben que era a febre e que facer en caso de tela.
Todos escoitamos moi atentos as súas explicacións.
Medimos a temperatura con termómetros.
Déronnos unhas paletas coas que contestaríamos a algunhas preguntas sobre as gastroenterites.
Algunhas eran moi fáciles e non nos custou respostar correctamente...
Noutras tivemos dúbidas, pero agora todos e todas sabemos que o leite e a gastroenterite non se deben mezclar!
Faláronnos de que facer en caso de accidente. Como curar golpes e feridas e puxemos o aprendido en práctica.
Tamén aprendimos que facer se nos morde un mamífero
ou un reptil.
Como actuar en caso de que algo nos manque os ollos.
E seguimos a practicar curas e vendaxes.
Descubrimos que Jazminny é moi boa facendo vendaxes...
Maite saiu salvar a unha atragantada...
e practicamos todos e todas...
Por último tocounos prestar moita atención para aprender a facer a RCP
Como comprobar constantes...
mover aos feridos sen que nos pesen...
e practicamos cos nosos bonecos...
Despedímonos cantando e bailando unha canción moi chula que queda aquí para non esquecela.
Tamén podedes visitar a nova sobre a súa visita na página de PUPAS














































Ningún comentario:
Publicar un comentario