Agora queremos compartir con todos vós as actuacións dos nosos nenos e nenas que estiveron realmente fantásticos.
As nenas de 6º foron as encargadas de presentalas actuacións.
E así comezamos:
Os primeiros en aparecer no escenario foron os máis pequenos, os nenos e nenas de infantil que nos cantaron a canción da formiguiña...
De seguido saíron os nenos e nenas da primeira unidade cantando "os tres reis en bicicleta"
Xusto despois tocoulles as maiores actuar, presentaron unha obra titulada D. Sisebuto saca fotos nun minuto.
Os da primeira unidade non quixeron ser menos e representaron ás mil marabillas "O porco que perdera a cabeza"
As nenas da segunda unidade acabaron cun dobrete. Cantaron signando "La puerta violeta" e bailaron acrobáticamente "Déjala que baile".
Todos o pasamos moi ben!!!

















Ningún comentario:
Publicar un comentario