venres, 22 de febreiro de 2019

O día de Rosalía

Hoxe, celebrámolo día de Rosalía no cole.
Coñecemos algo da súa vida e da súa obra.
Escoitamos cancións que nacen dos seus poemas e coloreamos unha carauta.






A cantante galega Uxía adicoulle está fermosa canción "Rosalía pequeniña"

xoves, 21 de febreiro de 2019

Irene e a súa frauta traveseira

Que sorte teñen os nenos de Infantil!
Esta semana foi Irene a que lles deu un concerto coa súa frauta.
Que marabilla!



mércores, 20 de febreiro de 2019

Excursión a Ourense.

Hoxe, 20 de febreiro, todo o cole marchou de excursión a Ourense.

No autobús fomos sentadiños por parellas e portámonos requetebén.
Ao chegar á cidade as maiores baixáronse no barrio da Ponte namentres que o resto iamos ao auditorio .
As nenas maiores, xunto o mestre Manuel e a mestra Patri, puideron visitar a locomotora da estación, subir á Ponte do milenio e camiñar descubrindo lugares emblemáticos da cidade de Ourense ata chegar á Catedral.
 Subir ao alto  da ponte foi un reto pero dende alí a profe amosounos e explicounos as outras pontes que dende alí viamos.

 Ao chegar á ponte Romana Manuel falounos da súa historia e dos roteiros do Camiño de Santiago e as iconas que indicaban cara onde ir.



 No paseo atopamos a figura da leiteira e deseguida chegamos á Catedral.


 O Pórtico do Paraíso é unha marabilla e Manuel explicóunolo xenial..

 Os profetas...
 Santiago...
 Apóstoles...
 Ao rematala visita collímolo tren a Outariz onde nos reunimos co resto dos compañeiros e compañeiras.
 Os nenos e nenas de infantil, 1°,2° e 3° foron ata o auditorio a ver unha obra musical " Burbullas de papel".







Ao saír, moi ordeadiños, marchamos ao bus para ir merendar e xogar en Outariz.





E de Volta a Quins 



venres, 15 de febreiro de 2019

O día da amizade

Polo San Valentín os nenos e nenas de infantil festexamos o día da amizade.
Que importante é querer e  non pegar!





Benvidas emotivas

Continuando co noso proxecto sobre as emocións, a porta do cole ten un cartelón no que os nenos e ás nenas escolleran un saúdo para ser recibidos polo mestre/a de garda.
Os mércores tócalle a mestra Patri recibirnos...




Os luns é a mestra Silvia a que reparte apertas, saltos, choques,...





Os martes é César quen nos fai voar con abrazos e saltos...





E os xoves Elena será a encargada de recibir encantada a todos e todas.







Repaso 1º Trimestre 2º primaria

Estas tarefas son para 2º de primaria. Clicar para acceder a elas. pdf 2º primaria