mércores, 20 de febreiro de 2019

Excursión a Ourense.

Hoxe, 20 de febreiro, todo o cole marchou de excursión a Ourense.

No autobús fomos sentadiños por parellas e portámonos requetebén.
Ao chegar á cidade as maiores baixáronse no barrio da Ponte namentres que o resto iamos ao auditorio .
As nenas maiores, xunto o mestre Manuel e a mestra Patri, puideron visitar a locomotora da estación, subir á Ponte do milenio e camiñar descubrindo lugares emblemáticos da cidade de Ourense ata chegar á Catedral.
 Subir ao alto  da ponte foi un reto pero dende alí a profe amosounos e explicounos as outras pontes que dende alí viamos.

 Ao chegar á ponte Romana Manuel falounos da súa historia e dos roteiros do Camiño de Santiago e as iconas que indicaban cara onde ir.



 No paseo atopamos a figura da leiteira e deseguida chegamos á Catedral.


 O Pórtico do Paraíso é unha marabilla e Manuel explicóunolo xenial..

 Os profetas...
 Santiago...
 Apóstoles...
 Ao rematala visita collímolo tren a Outariz onde nos reunimos co resto dos compañeiros e compañeiras.
 Os nenos e nenas de infantil, 1°,2° e 3° foron ata o auditorio a ver unha obra musical " Burbullas de papel".







Ao saír, moi ordeadiños, marchamos ao bus para ir merendar e xogar en Outariz.





E de Volta a Quins 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Repaso 1º Trimestre 2º primaria

Estas tarefas son para 2º de primaria. Clicar para acceder a elas. pdf 2º primaria